Tuesday 21 de May de 2024

As empresas adxudicatarias do concello retoman este luns a súa actividade


 

Activaranse tamén os trámites para que as firmas que recentemente gañaron os concursos convocados polo Goberno local inicien as actuacións

As empresas adxudicatarias e concesionarias dos
distintos concursos convocados polo concello retomarán as súas obras e servizos
este luns despois de seren suspendidas de actividade até o pasado día 9 de abril
segundo o Real decreto lei 10/2020. Ademais, activaranse todos aqueles trámites
que lles permitan iniciar as actuacións ás firmas recentemente adxudicadas.
Desde o Goberno local, recórdanlles a todas elas que teñan en conta a guía de
boas prácticas para a súa volta ao traballo, información que está subida no BOE
(Boletín Oficial do Estado) e que atende a reforzar a prevención de riscos laborais
do persoal, desde o seu desprazamento ás obras até a súa saída. Aborda medidas
de tipo organizativo como son a xornada continua e por quendas e as pausas, así
como potencia as medidas de hixiene e recomenda outras como a distancia de
seguridade e o uso de luvas e de máscaras eficaces en tarefas que requiran que
dúas persoas estean a menos de dous metros, seguindo os procedementos
establecidos polo Ministerio de Sanidade.
En materia de Mobilidade, manteranse as medidas adoptadas antes deste parón e a
suspensión dos prazos administrativos ao proseguir o estado de alarma.